Como si de unha viaxe no Nautilus se tratara, cámara ao lombo para contar todo o vivido, acudimos esta pasada fin de semana a unha experiencia para coñecer a pesca artesanal, as algas e a acuicultura de Galicia. E o certo é que os propios galegos moitas veces non coñecemos nin estamos comprometidos coa nosa riqueza, legado ou coa sostibilidade do territorio, un motivo máis que suficiente para falar hoxe dos produtos do mar de Galicia.

Ademais de levar os cativos ao mercado ou comercio de proximidade, amosarlles como elixilos segundo a etiqueta de orixe, ou atender a súa calidade, non está de máis ir a coñecer como se pescan ou elaboran, acordes non só coa calidade senon coa súa preservación para as seguintes xeracións.

Foto: Alberto Ribas @alvientooo

Coñecendo os produtos do mar de Galicia

Entre o 4 e 5 outubro, da mán da Xunta de Galicia e a súa Consellería do Mar, baixo a marca PescadeRías, e un bo abano de productores galegos, facemos a nosa viaxe iniciática guiados por Leonor e Rocío de Slow Food Compostela. O noso campo de maniobras foi básicamente a ría de Arousa, e a comarca e xeodestino do Salnés.

Como compañeiros de travesía temos a un grupo diverso e moi enriquecedor: o influencer gastronómico e de viaxes Alberto Ribas, máis coñecido como Alvientooo; a cociñeira do comedor escolar distinguido como Km0, CEIP A Paz-Tintureira de Coruxo (Vigo), Libia Estévez Santos; o deportista de élite e licenciado en medicina, Guillermo Carracedo Robelo, campión de Europa e 6 veces campión de España de surf; Carmen Ordiz Pérez, creadora de G de Gastronomía, experta en consultoría gastronómica; e Celeste García de la Banda, creadora do blog gastronómico elblogdeceleste; e María José Basanta, blogueira gastronómica de María Jose Laurelycanela.

Amencer na ría de Arousa

Para coñecer as actividades de marisqueo a flote na ría de Arousa, que propician estes produtos do mar de Galicia houbo que madrugar. Así que coas primeiras luces da mañá xa estabamos a bordo dunha lancha, e o iren despexando a néboa fomos albiscando unha morea de pequenas barcas con pescadores, fundamentalmente homes, que moven raños con largas varas para peitear o fondo da ría en busca de ameixas e berberechos. Algúns deles empregan tamén o buceo con tubo de aire para coller navallas ou mesmo se recolectan algas.

Un pouco máis aló, topámonos coas bateas de mexillón, unha técnica que desde mediados do século XX emprega a moitas persoas na zona e está amparada na denominación de orixe protexida Mexillón de Galicia e que nesta ría ten o seu máximo exponente con máis de 2.300 bateas.

marisqueo a flote produtos do mar de Galicia

As confrarías de pescadores, como a de San Xulián da Illa de Arousa, non só velan pola actividade e contribuen ao desenrolo profesional deste oficio do marisqueo senon que fan unha labor divulgativa de primer orde con visitantes e escolares que acuden a coñecer as prácticas tradicionais de pesca. Juan José Rial Millán, patrón maior da Illa, foi o noso intérprete por esta experiencia que incluíu unha inmersión virtual polas profundidades da ría de Arousa.

Redeiras e o seu legado inmaterial

Quedan poucas redeiras en activo xa en Galicia e algunhas delas traballan no porto de Cambados, onde a asociación cultural Guimatur, da mán de María Xosé Cacabelos, amosa a lonxa, o porto, e o traballo de mariscadoras ou redeiras, oficios, en gran medida femeninos. Entre outras cousas asistimos á subasta de pescado neste porto onde se move polbo, raia, sargo, rape, salmonete, e outras moitas especies.

Unha rede para un barco de pesca pode custar uns cantos miles de euros, por este motivo, reparalas, segue a ser a única solución eficaz para non ten que facer un importante desembolso económico. A labores como esta, que se aprenden cosendo coa lanzadeira e moitas veces no seo familiar ou o entorno cercano, adícanse mulleres de idade avanzada con algunha incorporación nova. Mentres apuran a faena, teñen tempo para falar con este grupo de «titokers», como nos chaman con certa retranca, para explicar que a súa é unha profesión tan necesaria como en risco de extinción, posto que non hai industria que poida facer o seu traballo de xeito tan preciso.

Marisqueo a pé e mercado

A xornada do sábado foi para meter os pés na area da praia, pero non tanto como o grupo de mariscadoras e algúns mariscadores a pé de San Martiño do Grove, outro dos puntais dos produtos do mar de Galicia. Este numeroso conxunto, ataviado cos neoprenos e traxes de auga que lles protexen das inclemencias meteorolóxicas, esperounos en Porto de Meloxo, no Grove, para amosarnos parte do seu traballo de recolección de ameixa e berberecho para logo sementar noutras praias.

Despois de probar sorte cos rastrillos sen moito éxito, e co esforzo que implica estar agachada unhas cantas horas, achegámonos a unha cetárea en O Grove, Mariscos Lukas, para coñecer esta infraestructura que fai de enlace entre productores e cliente final, puidendo prestar tamén servicio de cocedero. Camaróns, centolos, percebes ou bogavantes, entre outras especies.

Sementando ameixa produtos do mar de Galicia

Acudimos seguidamente ao mercado de abastos do Grove para mercar con Begoña Vázquez, cociñeira galega de Regueiro da Cova (Verín) un marabilloso exemplar de lubina de 4,5 kilos, uns salmonetes, mexillóns e ameixas que logo degustaríamos nun showcooking.

A derradeira tarde, refuxiámonos da choiva nun rincón do Salnés que agocha en boa medida a tradición e o legado cultural pesqueiro nestas costas de Galicia. Salgadeiras de Punta Moreiras é un rincón do Grove onde se situaron unhas pías de salazón de sardiñas e onde atopamos un museo moi interesante para o público familiar.

museo de produtos do mar o grove

Nunha visita guiada ou libre podes coñecer as diferentes técnicas de pesca de baixura galegas, ver embarcacións históricas destas costas, asomarte a unha carpintería de ribeira tradicional con todas as súas ferramentas, ver moreas de palangres, nasas, anzois, etc, pero tamén unha mostra de como se conservaban os pescados coa técnica da salgadura ou diferentes testemuñas daquelas conserveiras que durante o século XX se estableceron nas nosas rías.

Degustar producto km0

Unha das cousas que podemos amosar e nas que educar na casa, cando temos familia, é o xeito de mercar productos da zona, fixarnos na etiqueta para buscar a zona FAO 27, producto do Atlántico Norte, ou a orixe dos pescados e mariscos que atopamos na plaza. Unha boa axuda é a aplicación de PescadeRías, que podedes instalar no móbil e atopar desde recursos como lonxas, pescaderías ou restaurantes por mapa ata novas, fichas de producto ou receitas.

Desde logo, o feito de mercar un producto fresco, aínda que sexa para cociñar con calma o sábado o domingo, e preparalo en familia, é un legado importante que podemos aportar aos nosos fillos. Ademais, estaremos contribuindo a sostibilidade desas actividades e os productos do mar, cando apostamos por productos ecolóxicos certificados como as algas, algunhas delas moi recoñecidas e empregadas na gastronomía actual como o espagueti de mar, a alga percebe ou o combu, e mesmo por a amplia gama de conservas.

E para que non pensedes que nesta xornada só traballamos temos que contar tamén os productos que puidemos degustar tras coñecer a súa orixe: marisco fresco e conservas, pescados da zona, viños con denominación de orixe, e unha ampla gama de algas con diferentes preparacións. E sempre da man de cociñeiros galegos, e descansando nunha casa rural con todo o encanto deste territorio.

Degustación en Vilanova de Arousa

A pé de porto, a través de Juan Carlos Juncal, que fora o noso guía a bordo, da empresa Dime Salnés e vocal do Craega (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), chegamos a unha gama de productos que van desde pizza bio de algas ata patés, hummus, conservas, ensaladas ou mesmo tartar.

Falamos de empresas como Pandomar, situada en Vilanova, ou Algamar, decana de esta especialización en algas con certificado ecolóxico, e titular de marcas como Galuriña, Mar de Ardora, Agua del Atlántico, e un amplio catálogo de algas deshidratadas, con pasta ou arroz, en palitos, ou tortitas, escabeches, e ata especias.

Comida nun faro

Achegarse a punta Cabalo é unha experiencia en sí mesma, non só pola paisaxe, unha fusión de rochas graníticas de diferentes formas salpicadas entre sendas ou praias, senon tamén pola combinación da sinal marítima e actividade como faro e o pequeno restaurante con encanto que alí atopamos.

O faro de Punta Cabalo acolle un rincón gastronómico atlántico desde hai 17 anos, con apenas unhas poucas mesas, e algún espazo na terraza. Nesta ocasión, o aperitivo veu dan man de conservas Roi&Co, de mexillón ou xoubas.

Despois, un prato de ameixa rubia de Codium (unha especie que viramos previamente na depuradora) e carneiro con fabas e algas, un molusco que é moi prezado pero antigamente non se tomaba. O preparado resultou exquisito, xulgade polas fotos. Para rematar, tomamos un guiso de San Martiño e todo cun viño albariño ou mencía, e unha sobremesa de diferentes tartas.

produtos do mar de galicia

Quinta e cea entre compañeiros

Unha parte moi productiva destes encontros de traballo que misturan diferentes perfís, foi xuntarmos nunha mesa coas organizadoras, que aproveitan cada momento para prescribir produtos do mar de Galicia, e os cociñeiros, gastrónomos, xornalistas ou creadores de contidos que alí concurrimos.

Neste caso fixemos base na Quinta de San Amaro, un hotel rural con encanto situado en Meaño (Pontevedra). Nacho Crespo e o seu equipo logran que disfrutes desta inmersión tanto se a tarde amosa unha bela posta de sol como se o a amencer é baixo unha choiva incesante.

produtos do mar de Galicia aloxamentos km0

Esteban Pintos preparou unha cea neste restaurante certificado como km0 e que traballa con productos das nosas rías. Incluíu unha ensalada de navallas da ría con vinagreta e fabiñas tenras, raia en caldeirada e filloas con marmeladas caseiras.

Para o almorzo, a quinta prepara un bufé no acolledor comedor mirando ao xardín, que inclúe froitas e productos lácteos, pan tostado, zumo de laranxa, fiambres, embutidos e queixos galegos como San Simón, e cafés ou infusións. A bolería recén enfornada é outro punto que completa a inmersión rural con productos de valor engadido.

productos do mar de Galicia cociñeiros

E o remate da xornada, que aínda estamos saboreando, foi o showcooking da man de Begoña Vázquez na Adega Eidos de Sanxenxo.

Despois de mercar o producto no mercado, en plena festa do marisco do Grove, esta ourensana preparounos, coa seguridade e naturalidade que amosa mentres explica cada paso, un menú de mexillón, salmonetes e tomate da horta, lubina en risotto de algas, e sobremesa con biscoito de remolacha e crema de cabaza con xelatina de algas.

Acompañábana aos fogóns catro cociñeiros de comedores escolares kilómetro 0 acreditados en diferentes lugares de Galicia. E tamén a cociñeira Celeste, influencer con blog do mesmo nome afincada en Madrid.

Por

Carmen Delia Díaz

, 7 de octubre de 2024

Carmen Delia Díaz

Artículos relacionados

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos obligatorios están marcados con *

Carmen Delia Díaz

Filóloga, periodista y guía turística oficial de Galicia, especializada en comunicación empresarial, recursos turísticos y turismo familiar y cultural

25 rutas por Pontevedra provincia

25 rutas por Pontevedra provincia

Lo mejor de A Coruña provincia

Lo mejor de A Coruña provincia

Lo mejor de Ourense provincia

Lo mejor de Ourense provincia

Lugo y provincia con niños

Lugo y provincia con niños
La guiateca
ARCHIVOS
Busca tu próxima escapada
Booking
NUEVA SECCIÓN
Viajando sin gluten
Cafés para ir con niños
Buscar
50 mejores sitios de Galicia
Cafés para ir con niños
Cafés para ir con niños